Amosando publicacións coa etiqueta novela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novela. Amosar todas as publicacións

domingo

No ano do cometa


Edicións Xerais
ISBN: 8475078311.
1ª edición (1987).
.
No ano do cometa, trasládanos á Europa de 1066, cando, trala morte do rei Edward o Confesor, se abre un dos pleitos sucesorios máis sanguentos da historia. A aparición do cometa Halley nese mesmo ano, será interpretada como signo favorable á invasión de Inglaterra planeada polo duque Guillerme de Normandía. Galicia non está exenta desta aventura e na trama xoga un papel importante o intento do rei García de casar cunha nobre saxona. Bernárdez reflecte na novela o ambiente de terror e pánico que se apoderou das Illas Británicas por mor da aparición do cometa Halley, nun tempo no que aínda estaban cercanas as " razzias " do caudillo árabe Almanzor e o sentimento de angustia e apocalepse que o fin do primeiro milenio produciu no occidente cristiano. Bernárdez constrúe a súa novela sobre a base destes feitos reais, reconstruídos tanto a través de estudios realizados por autores modernos, como da análise dos textos contemporáneos, así como da comprobación ocular dos lugares onde aqueles aconteceron.

xoves

Xerusalén, Xerusalén!

A Porta de Damasco, en Xerusalén, no ano 1967

"Pouco despóis detivémonos para xantar. "Ó descer do vehículo deime case de fuciños con algo absolutamente inesperado. Un rótulo comercial que en hebreu, en árabe, e en inglés, anunciaba: "VIGO FASHIONS". "Lino varias veces para ter a seguridade de non engañarme. Qué significado podería ter esta denominación? Había moitos Vigo no mundo. Ademáis dos nosos, contábanse media ducia, polo menos, en Italia. A maioría dos emigrantes teñen o costume de utilizar os nomes queridos. Toda América do Sur está chea de exemplos. Pola contra, os que retornan, adovían as nosas rúas con exóticos topónimos procedentes dos lugares onde permaneceron. O responsable daquel "Modas Vigo", moi ben podía atoparse neste caso. Mais, de qué Vigo se podía tratar?
"Achegueime. O edificio tina un par de alturas, fachada acristalada e balcón. No escaparate exhibíanse panos e traxes de home..."
Tirado da contracapa do libro.
.
Xerusalén, Xerusalén! foi editado por Edicións do Cumio (1992) e foi froito dos coñecementos, e da visión sobre o fervedeiro de Oriente Medio, acadados polo autor ao longo das súas moitas viaxes a Israel. Desde a súa primeira visita en 1967 na que a súa estadía coincidiu coa Guerra dos Seis días.

Big-Bang


Edicións Xerais
Vigo, 1996
ISBN 84-7507-977-6
.
Nesta novela estructurada en catro capítulos titulados e un apéndice, cóntase a viaxe dun grupo de astronautas a un planeta para recuperar a uns compañeiros desaparecidos. Ó mesmo tempo que esta expedición, prodúcese un choque espacial que fai desaparecer tódalas formas de vida dun planeta. A lenta e progresiva transformación do medio, a capacidade de adaptación a un medio adverso, a evolución das especies, dentro da que os saurios acadan un especial tratamento, son cuestións que merecen a atención de Xoán Bernárdez Vilar e centran o contido da novela. As relacións humanas, restrinxidas a un círculo embrionario, enlazan e navegan por todo o desenvolvemento narrativo e o autor vese na necesidade de botar man dos máis sofisticados avances da técnica científica para preserva-la súa conservación.

Un home de Vilameán


Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Ano de publicación: 1985
Lugar de publicación: Vigo
ISBN: 84-7507-089-2
.
Tirado da Galipedia.

Un home de Vilameán é unha novela histórica sobre a orixe e evolución da Revolta irmandiña. O protagonista é Pedro Bas, veciño de Vilameán, que farto da deplorable situación na que se atopaba o campesiñado por mor dos impostos do clero e os abusos da nobreza, decide integrarse na Santa Irmandade. O libro distribúese en catro capítulos, Ceifa, Sementeira, Colleita e Holocausto, e conta, ademais da bibliografía e un mapa coas poboacións onde se desenvolve a historia, cun anexo onde se recollen as principais reivindicacións sociais da Historia dende o Código civil de Urnammum (2064 a.C) ate o preito Tabera - Fonseca, do cal se recollen varias testemuñas de persoas que viviran a Revolta irmandiña. Foi publicado por primeira vez no 1975 en Montevideo, e dende 1983 pertence ao fondo bibliográfico da editorial Xerais, onde dende o 1990 está na súa colección Narrativa.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...