luns

Xoán Bernárdez presenta en Vigo a súa tese doutoral sobre a "Ora Maritima", o documento que recolle as máis antigas referencias escritas sobre o que hoxe chamamos Galicia

"A Ora Maritima" conserva tamén os máis antigos datos que se coñecen acerca do Occidente da Europa prerromana, ofrecendo, así mesmo, datos completamente descoñecidos  sobre a xeografía, a etnografía, a toponimia, e determinados coñecementos históricos, da costa da  Península Ibérica daquel tempo


Unha estela funeraria descuberta hai oitenta anos nas beiras asturianas do río Eo,  chave da identificación dos principais lugares descritos na "Ora Maritima"

A xornalista e escritora Sabela Benárdez Iñarrea presenta o acto que terá lugar na Libraría Andel o xoves 24, ás 20:30 horas


Data: 24 de outubro
Hora: 20:30 horas
Lugar: Libraría Andel,. en Avda. Camelias 102 Vigo

O vindeiro xoves 24 de otubro, ás 20:30 horas, o escritor e historiador afincado en Vigo, Xoán Bernárdez presenta na Libraría Andel, a súa Tese Doutoral de Xeografía e Historia Universidade de Vigo) “O extraordinario mundo da Ora Marítima”. O traballo foi  publicado en galego e en castelán. Preside o acto, a xornalista e escritora, Sabela Bernárdez Iñarrea.

A tese versa sobre un poema escrito 400 anos despois de Cristo, que percorre a xeografía prerromana da Europa occidental, con base a datos tomados de autores Gregos e Carthaxineses de comenzos do século VI ANTES DE CRISTO. Segundo a investigación, este documento recolle tamén, os máis antigos informes, descricións, xeografía, etnografía, pinceladas históricas, e toponimia  do occidente da Península Ibérica.
Arredor deste poema, e do seu autor, o procónsul romano Rufio Festo Avieno, hai numerosas intrigas que poden atrapar ao lector mentres disfruta das conclusións do historiador quen, para se asegurar da idoneidade das identificacións que se viñeron barallando a través dos séculos, visitou cada un dos lugares  propostos por cantos estudaron o tema.

Entre as chaves da investigación que Bernárdez  realizou, seguindo as posibles viaxes marítimas entendidas como a que describe o Poema, atópase a achega dunha estela funeraria do século I, dedidaca a un príncipe dos Albións, unha importante tribu que tanto Caio Plinio coma Claudio Ptolomeo, situaron dacabalo da Galicia e a Asturias actuais. Tal estela foi atopada hai oitenta anos nas beiras do río Eo, e está exposta no "Museo Arqueológico de Asturias", en Oviedo.

Xoán Bernárdez, nado en Marín en 1936, é escritor e historiador, afervoado polas Idades Antiga e Media, así como Correspondente na Real Academia Galega. Ten máis de 30 obras publicadas, entre novelas históricas e ensaios, ademais de artigos de investigación, polos que obtivo varios premios, coma  o "Galicia de Investigación", ou  o "Xerais".

Entre as súas novelas con máis sona atópanse "Un home de Vilameán", "A saga da illa sen noite", "No ano do Cometa", ou "Big Bang". E no medio dos seus traballos de investigación, publicou obras coma: "Exipto, a viaxe perdida de Egeria", "Vidas Paralelas: Alexandre-Augusto", "As descubertas precolombinas do século XV", "A xeografía do mito de Tristán e Iseu", "Chronica Hermerici (c. 380-441) ou "O rei Artur. mito e realidade".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...